12 C
Santa Comba
sábado, abril 26, 2025

José Iglesias Fraga, novo centenario no concello da Laracha

O señor José Iglesias Fraga celebrou o sábado o seu 100 aniversario. José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, felicitouno persoalmente e obsequiouno cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome da Corporación municipal. A concelleira Rocío López e o cura párroco de Soandres, Don Manuel Mallo, tamén saudaron ao novo centenario larachés e aos seus familiares nesta sinalada data.

José Iglesias Fraga é natural do Portodoso, na parroquia de Soandres, onde residiu ao longo dos seus 100 anos de vida e está a piques de celebrar os 75 anos de casados coa súa dona, Dosinda Fraga Regueiro. Teñen 3 fillos, sete netos e dous bisnetos. Neste século de vida foi combatente na Guerra Civil española e traballou como labrego.

Na actualidade vive coa súa dona, Dosinda Fraga (95 anos), o seu irmán Enemesio Iglesias Fraga (84 anos), a súa filla Mª del Carmen e o seu xenro Pepe.

Información- Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos