7.6 C
Santa Comba
sábado, marzo 25, 2023

Atallada unha vertedura de combustible procedente dos depósitos dun tráiler parado na AG-55

Información-AXEGA112

Un camión perdeu combustible procedente dos seus depósitos cando estaba parado nunha área de servizo da AG-55, en Arteixo.

A intervención dos bombeiros permitiu atallar a mancha, que ocupaba un espazo de 150 metros, sen que se rexistrasen danos na contorna.

O suceso produciuse ás 21:15 horas de onte, tal e como indicou un particular que contactou co 112 Galicia para informar da rotura dos depósitos dun camión parado na áera de servizo de Lañas. Decontado, o persoal do 112 Galicia avisou aos Bombeiros de Arteixo co fin de reter, controlar e, finalmente, limpar a mancha duns 150 metros de extensión sen que provocase danos na contorna.

Igualmente, puideron recuperar parte da carga, uns 200 litros, dos 700 que perdeu o tráiler.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos