O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, convocou unha xunta de portavoces para este vindeiro xoves(13,00h). Barbeira, de Compromiso por Galicia, propón que cada grupo municipal «formule a súa proposta de obras para o POS +2020 de forma proporcional».No último pleno o rexedor xalleiro xa avanzara que se desenvolvería este encontro.

