Segundo informa AXEGA 112 ás 01:30 horas desta madrugada, en Carballo, outra chamada dun particular activara a alerta no 112 Galicia por mor doutro accidente de tráfico no que houbo tres vehículos, dous turismos e unha furgoneta, implicados e resultaron feridas dúas persoas, trasladados ao centro hospital de referencia.
A colisión produciuse na AC-413 e, malia a que os servizos sanitarios aseguraban que había unha persoa atrapada no seu interior, non foi preciso o uso do material de excarceración, xa que, tras a chegada dos Bombeiros de Ordes, puideron comprobar que a persoa xa se atopaba fora da furgoneta.
Tamén, foron informados polo 112 Galicia, os Bombeiros de Carballo, aínda que, finalmente, non chegaron a intervir, os axentes da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os membros do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.
Fonte-Axega 112