Dúas persoas resultaron feridas, unha delas excarcerada tras colidir frontalmente un turismo e unha furgoneta cando circulaban pola AC-432, á altura do punto quilométrico 7,400, ao seu paso polo concello coruñés de Vimianzo.
Nada máis recibir a chamada de alerta, pasados uns minutos das 06:30 horas, na cal o persoal sanitario comunicaba ao 112 Galicia da posibilidade de que houbese unha persoa atrapada, os xestores de emerxencias alertaron axiña aos Bombeiros de Cee e aos membros Protección Civil da localidade. Así mesmo, solicitaron a colaboración dos axentes de Tráfico e a do persoal de mantemento da estrada que se encargaron de recuperar as condicións de seguridade na vía.Unha vez liberado o condutor do interior da furgoneta, os Bombeiros confirmaron o traslado de ambos condutores ao centro hospitalario de referencia polos servizos sanitarios.
Fonte-axega 112