Catro persoas foron evacuadas ao centro hospitalario de referencia ao mediodía de hoxe tras colidir os coches nos que viaxaban na AC-552, aproximadamente á altura do punto quilométrico 78.
Pasadas as 12:30 horas, o 112 Galicia recibiu a chamada de unha persoa particular informando dun accidente entre dous turismos na parroquia de Berdeogas. No seu relato, indicaba que despois do impacto, un dos coches caeu por unha leira.Ao chegar no lugar dos feitos, os servizos de emerxencia confirmaron que os ocupantes de ambos vehículos atopábanse liberados e accesibles, polo que non foi necesario o uso do material de excarceración.
Finalmente, tras a valoración das lesións por parte do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, catro feridos foron evacuados en ambulancia.
Para colaborar na intervención, desde o 112 Galicia solicitouse ademais a colaboración dos Bombeiros de Cee, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía.