11.6 C
Santa Comba
miércoles, enero 15, 2025

Rescatada unha persoa na parroquia de Erbecedo

Os servizos de emerxencia de Coristanco rescataron a pasada noite da súa vivenda a un home que, ao parecer, levaba varias horas caído no solo da súa vivenda situada no lugar de Cereixa na parroquia de Erbecedo, no concello de Coristanco. Así o relataban os técnicos sanitarios cando, sobre as 21:00 horas chamaron ao 112 Galicia para informar dunha persoa caída nun domicilio e con dificultades de acceso.

De inmediato, os xestores de emerxencias do CIAE 112 Galicia, solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Bergantiños e dos axentes da Garda Civil. Ademais, foi requirida tamén a intervención dos voluntarios de Protección Civil da localidade.Tras finalizar a súa intervención, os membros de Protección Civil indicaron ao 112 Galicia que foi preciso romper un cristal da porta para acceder á vivenda e auxiliar ao home.

O ferido foi trasladado nunha ambulancia dos servizos sanitarios ao Centro Hospitalario Universitario da Coruña.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos