Un home perdeu a vida esta noite ao ser atropelado no termo municipal coruñés de Oroso. O accidente tivo lugar na N-550, concretamente no punto quilométrico 47, ao fío das 5:00 horas.
Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido. Nada máis ter constancia, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Ordes e de Santiago.Unha vez no lugar do accidente, a pesar dos esforzos realizados, os servizos de emerxencia tan só puideron confirmar o falecemento do home.
Fonte-Axega 112