Tres persoas resultaron feridas graves e dúas leves ao producirse unha colisión entre dous turismos a pasada tarde en Vimianzo. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, dúas das vítimas precisaron ser excarceradas polos Bombeiros de Cee ao quedar atrapadas no interior dos vehículos accidentados.
O sinistro tivo lugar no punto quilométrico 65 da AC-552, ao fío das 19:15 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do ocorrido.
Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Cee, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Fonte-Axega 112