8.4 C
Santa Comba
miércoles, diciembre 7, 2022

Especial Cooperativa Xallas «Na Encrucillada»

O vindeiro martes 25 de xuño, na sección do medio rural do programa «Na Encrucillada» emitirase un especial sobre a Cooperativa Xallas, desde as 12 do mediodía.O locutor Xosé Manuel Lema, xunto cos colaboradores Xoán Ramón Alvite e Manolo Rodríguez Caamaño entrevistarán á gandeiros e técnicos relacionados coa histórica entidade de Santa Comba.

Sorteo dun xantar

Neste espazo tamén teñen aberto un sorteo para premiar a fidelidade dos ouvintes. Unha persoa será convidada a un xantar cos membros do equipo radiofónico. Para participar no concurso só deben de mandar unha mensaxe (facendo referencia ao concurso) cos seus datos ao Whatsapp 693.28.77.49. O vindeiro martes tamén falarán deste asunto.

«Na Encrucillada» emítese de luns a vernes entre as 11 e as 13h, con repetición ás 20h.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
509SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos