18 C
Santa Comba
domingo, mayo 28, 2023

Trasladado o tripulante dun veleiro incendiado á altura das Illas Sisargas, en Malpica

O tripulante dun veleiro que navegaba á altura das Illas Sisargas tivo que ser trasladado por intoxicación de fume ao incendiarse o seu veleiro.Unha embarcación da Cruz Vermella encargouse de facer o rescate e de evacualo ata o Peirao de Malpica, onde o agardaba unha ambulancia do 061-Urxencias Médicas, que o trasladou ata o Hospital da Coruña.

Foron varios os particulares, que ao fío das 15:30 horas desta tarde, puxeron en alerta ao 112 Galicia. Indicaban que ardía unha embarcación á altura das Sisargas e que se apreciaba unha gran fumareda negra no mar visible dende varios lugares. A partir dese momento, os xestores de emerxencia pasaron aviso a Salvamento Marítimo e á Sala de GardaCostas de Galicia, que xa tiñan constancia de que a bordo ía unha persoa que pedira axuda.

No dispositivo, coordinado por Salvamento Marítimo participaron ademais dos servizos sanitarios de urxencia, unha embarcación de Salvamento e outra da Cruz Vemella, o helicóptero Helimer 401, varias embarcacións da zona e a patrulleira da Garda Civil que tamén foi alertada. A Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade tamén formaron parte do operativo.Persoal de Salvamento confirmou ao 112 Galicia que a embarcación ardeu na súa totalidade e afundiu. Descartan, ademais, contaminación algunha, ao arder tamén o combustible da mesma.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,844SeguidoresSeguir
1,120SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos