8.7 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Ferido de consideración en Coristanco

Un operario resultou ferido de consideración ao caerlle enriba un portal cando traballaba en Coristanco.Debido ás diversas fracturas que presentaba, o home tivo que ser evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) en helicóptero.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse pasados uns minutos das 13 horas de hoxe no Lugar de Montecelo. Alí acudiu un equipo do 061-Urxencias Sanitarias a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago para a rápida evacuación do ferido que, pese ás diversas fracturas que presentaba, estivo consciente en todo momento.

Co obxectivo de colaborar co equipo médico na atención do traballador, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da localidade, que tamén prestaron axuda nas labores de aterraxe da aeronave.

Axega 112

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos