Compromiso por Galicia celebrará un congreso extraordinario antes do verán para lanzar o seu proxecto de cara as eleccións autonómicas, despois duns «resultados electorais pobres» e de «difícil dixestión para os galeguistas» segundo afirmou o secretario xeral Juan Carlos Piñeiro.
Este xoves reúnese a executiva nacional para analizar esta mala colleita electoral tanto nas eleccions europeas como nas municipais, onde sumaron 21 concelleiros en todo o país.
Un dos grandes derrotados do domingo foi unha das referencias do partido, Rafael Cuíña, que despois de catro anos como alcalde de Lalín, viuse superado pola maioría absoluta de Xosé Crespo e do Partido Popular.