14.5 C
Santa Comba
martes, octubre 8, 2024

As dificultades do terreo obrigan a unha muller perdida a pasar a noite no monte en compaña dos axentes da Garda Civil que acudiron na súa procura

As condicións do terreo e a falta de seguridade obrigaron a unha muller perdida e aos seus rescatadores a pasar a noite no monte.

Os dous axentes da Garda Civil que acudiron na procura da muller arroupárona e a acompañaron ata o abrente do día, cando puideron volver a casa, situada na localidade coruñesa de Ponteceso.

Todo sucedeu ás 22:30 horas de onte, momento no que salta no 112 Galicia un aviso a través da aplicación Alpify 365 correspondente a unha persoa perdida en Monte Blanco, preto da Praia de Valarés. Concretamente, tratábase dunha muller que saíra a pasear co seu can e non era quen de recuperar o camiño habitual de volta a súa casa.

Coas coordenadas que facilita a propia aplicación, o persoal do 112 Galicia púxose en contacto coa Garda Civil, que comezou a busca por unha zona frondosa de Cospindo. Pouco tempo despois, deron coa muller, que estaba en perfecto estado de saúde, pero a volta complícase debido á inestabilidade do terreo, polo que o equipo de rescate decide pasar a noite no monte.

Provistos de suficiente roupa de abrigo, a muller e os seus rescatadores agardaron ao abrente do día para retomar con mellores condicións o camiño de volta a casa.

A primeiras horas desta mañá, un equipo do GES de Ponteceso en coordinación coa Garda Civil achegou á muller e aos seus rescatadores máis roupa de abrigo e bebidas quentes.

Fonte-axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos