17.6 C
Santa Comba
miércoles, octubre 2, 2024

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas a causa dun accidente múltiple en Arteixo

Unha persoa faleceu nun accidente acontecido esta mañá a causa dun accidente no que se viron implicados cinco vehículos. O suceso rexistrouse a un quilómetro da saída de Paiosaco, sentido A Coruña, da AG-55 en Arteixo. Ademais, os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a outras tres persoas que tamén resultaron feridas na colisión.

Foron varios os condutores que, sobre ás 07:00 horas, contactaron co 112 Galicia. Informaban dun accidente entre cinco vehículos e cunha persoa posiblemente atrapada debaixo dun dos turismos.Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia solicitouse de contado a colaboración dos Bombeiros de Arteixo e de Carballo. Tamén, acudiron ata ao lugar os servizos sanitarios de urxencia e a Garda Civil de Tráfico, así como, os axentes da Policía Local e de Protección Civil da localidade.

Pola súa banda, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias confirmaron o trasladao dos tres feridos que presentaban lesións de diversa consideración.Ademais, foi necesaria a mobilización do persoal do servizo de mantemento da autoestrada para a limpeza da vía polos danos causados.

Fonte- Axega112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos