10.9 C
Santa Comba
jueves, febrero 12, 2026

Incendio nun garaxe en Cee

Segundo informa Axega 112 na madrugada de hoxe, un incendio orixinado nun vehículo causou danos materiais nun garaxe no lugar da Pereira, en Cee.

A chamada dunha persoa particular ao 112 Galicia puxo en alerta aos servizos de emerxencia ao redor das 3:30 horas. Decontado, avisouse aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil, á Policía Local e tamén aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Aínda que non houbo que lamentar danos persoais, os Bombeiros indicaron que o coche ardera por completo véndose tamén afectados distintos materias almacenados no garaxe.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos