13.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

CIC Cabana afronta a recta final da súa primeira campaña

Óscar de Souto//

Este novo partido politico, Ciudadanos Independientes de Cabana, que capitanea Jose Díaz parece que empeza con bo pé no seu estreno político debido a nutrida asistencia aos seus primeiros mítins desta campaña electoral na que desexan posicionarse como nova forza política e voz dos cidadáns cabaneses.Canduas e Anos xa escoitaron en directo as propostas e podemos garantir que (polo menos) en asistentes xa é todo un logro.

Como información a maiores indicar que este sábado 18, as 21 horas na Casa Sabelo de Neaño faran un novo mitín e xa o domingo 19, as 21 horas, na Parrillada A Pedra de Nantón.O martes 21, as 21 horas, no Bar A Rectoral de Corcoesto acollerá un mitin que promete ser multitudinario. Rioboó será o xoves 23, as 21 horas, no Bar Josefa. Cundíns será o venres 24, as 21 horas, no Bar Barreiros. Agora só falta, por suposto, que ademais de asistir tamén depositen o voto. Promete moi reñida esta confrontación de cinco cores distintas na Vila. Sorte a todos e cada un dos participantes.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos