En palabras do alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro, o obxectivo era facer «un recoñecemento a unha traxectoria vital de traballo» das persoas maiores do concello.
E así foi, unha celebración con preto de 900 asistentes que deron conta das racións de empanada, polbo, e carne ao caldeiro.O evento desenvolviuse no polideportivo da Picota. Non faltou a música con gaiteiros e unha orquestra.


