12.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Resulta ferido mentres cortaba unha árbore en Trazo

Un home resultou ferido esta mañá mentres cortaba unha árbore no monte, en Xavestre, no concello coruñés de Trazo.Pasados uns minutos das 09:00 horas, o mesmo ferido chamaba ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que se atopaba no monte e que quedara enganchado por un pau. Con estes datos, os xestores de emerxencias puxeron en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias, que desprazaron decontado unha ambulancia e un helicóptero medicalizado ata o lugar. Tamén, a Garda Civil, os Bombeiros de Santa Comba, de Ordes e os efectivos de Protección Civil de Val do Dubra foron informados do suceso.

Tras chegar ao punto indicado, os Bombeiros de Santa Comba confirmaron ao 112 Galicia que non foi preciso excarcerar á persoa, unicamente, colaboraron na evacuación do ferido, que finalmente foi trasladado na aeronave ata o Hospital Clínico Universitario da Coruña.

Fonte- AXEGA 112

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos