O candidato do BNG á alcaldía de Santa Comba, Alberto Calvelo Lorenzo, participará este xoves no programa «Na Encrucillada» de Radio Xallas a partir das 11,30h. Estará acompañado polo responsable local Alexandre Antelo. Falará sobre as propostas dos nacionalistas e sobre a actualidade política.
Radio Xallas sintonízase no 107.5 FM. Tamén se pode escoitar por internet a través da web municipal santacomba.es, do xornal dixital adiantegalicia.gal ou da app Radiogarden.