Un home que pescaba na zona de Punta Cabana, en Fisterra, resultou ferido esta mañá ao caer desde unha altura de tres metros a unha zona rochosa e de difícil acceso.Ata o lugar desprazouse o helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia, o Pesca I, que rescatou ao pescador e o trasladou ata o Hospital de Cee.
Os feitos tiveron lugar ao redor as 11:30 horas e ata o punto desprazáronse tamén os efectivos sanitarios, membros de Protección Civil e axentes da Policía Local.