13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Evacuado por inhalación de fume un bebé tras un incendio nun piso en Ames

Un incendio declarado esta tarde nun piso dun edificio de cinco andares en Ames afectou a un neno pequeno, que tivo que ser traslado a un centro médico con síntomas de intoxicación por inhalación de fume. Segundo puido saber o 112 Galicia, o lume propagouse pola cociña da casa e calcinou unha cafeteira, a vitrocerámica e a campá extractora.

Os feitos ocorreron ao fío das 13:30 horas, no número 4 da rúa do Xeixo e foi a veciñanza do edificio quen alertou ao 112 Galicia.Acto seguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, do GES de Brión e dos Bombeiros de Boiro. Ademais, dende o 112 Galicia informouse dos feitos aos Bombeiros de Santiago, á Policía Local, á Garda Civil e a Protección Civil da localidade.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos