A Directora xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Belén do Campo Piñeiro, participará este venres 4 de abril no programa «Na Encrucillada» que presenta Xosé Manuel Lema en Radio Xallas.
A partir das 11 da mañá e despois dos titulares informativos do día e da axenda, Belén do Campo falará sobre a problemática do xabaril, a situación do lobo, a nova lei de pesca, os treitos de pesca sen morte, a lai de benestar animal, etc….
Radio Xallas pode escoitarse a través do 107.5 FM ou desde calquera recuncho do mundo a través de www.adiantegalicia.es (no banner que hai na portada), www.santacomba.es ou da app Radiogarden.