O concello de Neda está presente no Fórum Gastronómico que se celebra desde o domingo a ata este martes en ExpoCoruña. Deste xeito aproveitase un estupendo escaparate para difundir a popular Festa do Pan de Neda que se celebra o primeiro domingo do mes de setembro.
Este domingo houbo unha degustación de pan, empanadas e bola de ovos. O concello valora a participación de Neda neste tipo de encontros como «a forma máis directa para dar a coñecer a súa riqueza gastronómica pero tamén para divulgar os recursos naturais e patrimoniais do territorio cara ao sector turístico».