3.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 31, 2024

«Mulleres, aí estamos» en Mazaricos

O concello de Mazaricos organiza este sábado unha xornada denominada «Mulleres, aí estamos» que se desenvolverá este sábado na Casa da Cultura da Picota desde as 11,30h, coa presentación da artista Tania Fuegho e a participación de representantes das entidades Coordinadora Mulleres de Seu, Amas de Casa de Mazaricos, Asociación Cultural de Antes, ou Eu Son Mazaricos.

Logo das intervencións e das mesas abertas previstas haberá unha actuación musical e pinchos. Sobre este acto o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco explica que «desde o Concello procurouse poñer en valor ás mulleres rurais, pois sen elas non sería posible o tecido produtivo agrogandeiro nin a conservación das tradicións».

O rexedor tamén tivo un recoñecemento para as entidades de Mazaricos:»A asociación cultural de Antes recuperou a tradición da manufactura dos sancosmeiros, as Amas de Casa o bolo do pote e Eu Son Mazaricos dinamiza a vida cultural do Concello cos nenos e nenas. Sen a tarefa, moitas veces invisible e pouco valorada das mulleres, o rural non existiría».

Ademais con motivo da manifestación do 8 de marzo que se celebra este venres en Santiago, a asociación Eu Son Mazaricos pon a disposición das persoas que queiran acudir un bus que sairá da Picota ás 19h e do Pino do Val ás 19,10h.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos