Compromiso por Santa Comba expresou o seu malestar «coa politización día tan importante como é o día da muller traballadora», en relación coa visita que realiza esta venres á localidade o presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
Desde Compromiso indican que tiñan previsto «un acto para ensalzar a muller traballadora, e en especial ás mulleres do noso concello e do rural, acto que se viu anulado pola imposibilidade de usar as instalacións públicas».
Nunha nota de prensa remitida a esta redacción, o candidato a alcaldía, David Barbeira, «lamenta que no canto de dar voz ás mulleres deste concello que tanto traballaron pola nosa terra, se lle dea prioridade ós líderes de partidos políticos».