O Centro de Información á Muller do Concello de Santa Comba organiza varias actividades para este 8 de marzo. Este venres ás 12 do mediodía, diante do concello, está prevista a lectura dun escrito a prol da igualdade.Pola noite no auditorio do multiusos(22:00h) ofrecerase o espectáculo musical «Tabú»,
E o domingo 10 de marzo organizarase a III Andaina pola Igualdade, con saída ás 10 da Casa da Cultura. Tamén haberá unha demostración de Cachibol no pavillón de Fontenla (12,15h) e un recoñecemento ao equipo local polo seu décimo aniversario.A xornada rematará cun xantar de confraternidade dos participantes na Andaina e os integrantes do equipo de Cachibol.