O candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía de Santa Comba, David Barbeira, critica a actuación que se está realizando nun treito da vía que une a capital do Xallas con Santiago. «*É unha barbaridade gastar case catro millóns de euros nun pedazo de estrada que non vai achegar absolutamente nada» afirma Barbeira, que se refire a esta actuación como » unha promesa elección tras elección que veño escoitando desde que era pequeno» e coa que se pretende «sacar peito» pero que representa » unha falta de respecto aos veciños».
«Esta é a crúa realidade» asegurou o portavoz galeguista a través dun vídeo difundido nas redes sociais.Pediu que esta mellora «sexa ata Santiago» e que se loite por mellorar as comunicacións coa Coruña e a Costa da Morte.