12.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 23, 2023

Excarcerada unha persoa en Fisterra

No concello de Fisterra houbo unha saída de vía que se saldou cunha persoa ferida que tivo que ser excarcerada tras quedarse atrapada ao colidir o coche no que viaxaba contra unha casa na Rúa Cabello, á altura do número 37.Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia poucos minutos antes das 07:00 horas da mañá de hoxe para informar do accidente.

Decontado, os xestores do CIAE 112 solicitaron a colaboración dos servizos sanitarios de urxencia, dos Bombeiros de Cee, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e tamén dos voluntarios de Protección Civil da localidade.A persoa ferida foi liberada polos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Cee e trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Fonte Axega 112

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos