13.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

Falece un home en Laracha tras caerlle unha árbore enriba

Un home perdeu a vida na tarde de onte ao quedar atrapado debaixo do tronco dunha árbore na localidade coruñesa de Laracha.O 112 Galicia tivo constancia dos feitos pasados uns minutos das 18:15 horas da tarde do pasado venres. Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, un varón necesitaba axuda tras quedar atrapado embaixo do toro nunha cuneta na parroquia de San Bieito de Golmar. A vítima atopábase inconsciente e preto do lugar do accidente había un tractor parado.

De inmediato, desde o CIAE 112 Galicia, contactouse co 061-Urxencias Sanitarias, Garda Civil, Policía Local, Bombeiros de Bergantiños e tamén cos voluntarios de Protección Civil da localidade.Desafortunadamente, os servizos de emerxencia unicamente puideron confirmar o seu falecemento.

Fonte Axega 112

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos