13.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

Dúas persoas afectadas por inhalación de fume en Malpica

Un incendio declarado no interior dunha vivenda situada no lugar de Filgueira, en Malpica, deixa a dúas persoas afectadas por inhalación de fume.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o lume produciuse ao fío das sete da tarde de onte, na cociña da vivenda, o que obrigou a intervir nun primeiro momento aos voluntarios de Protección Civil da localidade. Debido a que o incendio persistía, acudiron os Bombeiros de Carballo e os membros do GES de Ponteceso para extinguir por completo as chamas unha hora despois. Sen embargo, o intenso fume acumulado no inmoble provocou unha intoxicación aos dous ocupantes da vivenda, polo que foron evacuados por Urxencias Sanitarias ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Pola súa banda, os equipos de extinción confirmaron que o incendio arrasou por completo a cociña, pois víronse danados os mobles, os electrodomésticos e mesmo chegou a ceder o teito da estancia. Por último, indicar que os axentes da Garda Civil e da Policía Local prestaron a súa colaboración aos recursos de intervención despregados no punto.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos