15.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Rescatado un mergullador na praia de Louro tras sufrir un accidente no barco no que traballaba

Un operario resultou ferido de consideración tras sufrir un accidente na embarcación na que realizaba o seu traballo, na Praia de San Francisco, en Louro, na localidade de Muros.O alertante que chamou ao 112 Galicia, ao redor das 11:30 horas desta mañá, solicitou axuda para un mergullador que atopábase no barco da empresa realizando a labor de limpeza dunha das gaiolas de salmón. Segundo o seu relato, o traballador respiraba con dificultade tras quedar atrapado e ser rescatado polo seu compañeiro que subiuno a superficie e o levou ata a praia.

Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata o punto para socorrer ao ferido.Tamén se informou á Policía Local, aos membros do GES de Muros, á Garda Civil e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.Finalmente, o traballador foi evacuado na aeronave ao centro hospitalario de referencia.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos