18.7 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Dúas persoas resultan feridas graves ao envorcar o coche no que viaxaban en Santiago de Compostela

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a última hora da pasada tarde a dúas persoas que resultaron feridas graves nun accidente de tráfico en Santiago de Compostela. Segundo puido saber o 112 Galicia, o vehículo no que viaxaban as vítimas rematou envorcado no punto quilométrico 0,200 da AG-56, en dirección a Santiago.

Foron varias persoas particulares as que contactaron co 112 Galicia para alertar do sinistro ao fío das 19:45 horas. Indicaban na súa chamada que as persoas feridas puideran saír polo seu propio pé do interior do coche accidentado.

Con estes datos, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Santiago, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, a Protección Civil e ao servizo de mantemento da autovía.Por outra banda, durante a noite tivo lugar un incendio na capital de Galicia que deixou danos en cinco coches, dous deles remataron calcinados. Ocorreu nun aparcadoiro próximo ao parque de Bonaval, uns minutos despois das 1:45 horas.

Nese momento, unha persoa particular daba conta do incendio ao 112 Galicia e, nada máis recibir o aviso, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Santiago, da Policía Local e de Protección Civil.Segundo se lle indicou o ao 112 Galicia, as labores de extinción remataron ao redor das 2:45 horas. Polo momento, descoñécense as causas do lume.

Fonte-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos