20.8 C
Santa Comba
viernes, abril 5, 2024

O sábado fallarase o premio «Modesto R. Figueiredo» en Mazaricos

Coma nas 43 adicións restantes a Fundación Padroado de Ouro organiza, este ano coa colaboración do Concello de Mazaricos, o XLIV Certame de narracións breves «MODESTO R. FIGUEIREDO» que ten a finalidade de promover a literatura narrativa en lingua galega e homenaxear ao seu artellador, o pontevedrés Modesto R. Figueiredo.

Despois de rematado o prazo de recepción dos traballos participantes o 1 de novembro, no que se recibiron 57 narracións breves, este sábado 22 de decembro a partir das 12:00 horas reunirase no Salón de Plenos do Concello de Mazaricos o xurado para deliberar e fallar os relatos premiados.

O Xurado está composto por Ariadna Fernández (gañadora da edición do ano pasado), X.R. Fandiño Vega (Presidente da Fundación Pedrón de Ouro), David Otero (Secretario da mesma fundación), Luís Menéndez (Presidente do Pen Club de Escritores de Galicia), Baldomero Iglesias Dobarro (representante da Asociación de Escritores en Lingua Galega) e o escritor mazaricán Silvestre Gómez Xurxo (en representación do Concello de Mazaricos).

Sobre as 13.30h o xurado dará a coñecer, en rolda de prensa, o traballo gañador premiado con 1000 € e, se así o considera, un ou dous segundos premios que serán de 400 € cada un.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos