A Casa da Cultura de Olveira no concello de Dumbría acolle nesta «ponte» festiva dúas representacións teatrais a cargo da compañía de teatro Talía. Este xoves 6 de decembro haberá unha sesión para público infantil, «Rosa Caramelo e outras historias», a partir das 17h.Xa o venres 7, ás 21h, escenificarase «O servidor de dous amos», unha obra recomendada para maiores de 13 anos. Organiza o departamento de cultura do concello de Dumbría en colaboración coa Deputación provincial da Coruña.

