5.5 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

Liberado un condutor en Muros

En Muros tiveron que intervir onte os membros do GES da localidade co fin de liberar a unha persoa atrapada por un pé no interior dun coche.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o turismo saíuse da vía cando circulaba pola AC-550, á altura da Virxe do Camiño. Como consecuencia do impacto, o condutor quedou atrapado e necesitou da axuda dun equipo de excarceración para poder saír do coche e ser atendido polos servizos sanitarios de urxencia.

Neste operativo colaboraron igualmente os Bombeiros de Cee e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos