O auditorio do multiusos de Santa Comba acolle este venres unha nova función do seu ciclo de teatro, coa posta en escena de obra «D.E. P.» a cargo de Malasombra producións, cos actores Jouse García e Xoque Carbajal.
O evento comezará ás 10 da noite e a entrada é gratuíta ata completar aforo. «D.E. P.» é unha comedia nun ambiente de diálogo entre dous irmáns que se atopan, supostamente, ante as últimas horas de vida da súa enferma nai.A organización do ciclo corresponde ao departamento de cultura municipal co apoio da Deputación coruñesa a través da «Rede Cultural». O IV ciclo de teatro de Santa Comba conta coa organización do departamento de cultura local.

