11.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 23, 2023

Fonteboa organiza un xantar solidario

O centro de promoción rural EFA Fonteboa organiza o cuarto xantar solidario «O cocido dos nosos lares» a prol de Cáritas interparroquial de Bergantiños e Solidariedade Internacional de AIMFR.

Será o sábado 24 de novembro nas instalacións do centro educativo (A Feiranova-Coristanco).Antes da degustación, a especialista María López Carromero falará sobre «o encanto dos produtos de proximidade» e Avelino Souto, sobre «o valor de consumir produtos locais». Pola súa banda, Gabriel Tirapu, da Efa Fonteboa, explicará as iniciativas da AIMFR. Tamén intervirá o director de Cáritas Interparroquial de Bergantiños, Francisco Suárez. As intervencións terán lugar a partir das 13,00 e o xantar comezará ás 14,15h.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos