Unha colisión frontal entre dous turimos mobiliza aos Bombeiros do Carballo, que axudaron a saír do vehículo a un dos condutores implicados.O accidente produciuse pasadas as oito da tarde na AC-552 ao paso pola localidade coruñesa de Laracha. Foi un particular quen deu a voz de alerta mediante unha chamada ao 112 Galicia, que facilitou a posta en marcha dun operativo no que tiveron que intervir os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Carballo debido ás dificultades para saír do vehículo dun dos condutores.
Unha vez fóra do coche, a persoa puido ser atendida polos servizos sanitarios de urxencia e trasladada ao centro hospitalario de referencia.Ademais, contaron coa colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos membros da Axencia Galega de Infraestruturas, encargados da limpeza da calzada e do restablecemento das condicións de seguridade na zona.
Fonte-AXEGA 112