A entidade Costa da Morte Asociación Turística(CMAT) organiza os vindeiros 17 e 18 de setembro mesas de traballo público-privadas para presentar os avances realizados dentro do proxecto Actualización e Mellora das experiencias de turismo activo e turismo cultural de Costa da Morte».
O luns haberá unha mesa no salón de plenos do concello de Cabana de Bergantiños e o martes na Casa da Cultura de Corcubión.
Segundo a CMAT nas mesas, a empresa contratada para desenvolver o seu proxecto mostrará a súa proposta e tamén recollerá as aportacións do sector.