O concello de Cee acollerá o vindeiro sábado 22 de setembro as II xornadas de sensibilización co título «A razón de ser da música solidaria».
As mesmas serán inauguradas, ás 16,30h pola concelleira de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego do concello de Cee, Pilar Iglesias Lema e polo presidente da Asociación de Unión de Pacientes «Finisterrae» Juan Fernández Blanco.Tamén se presentará a web da asociación.Despois haberá varias conferencias e mesas redondas nas que participarán varios profesionais do ámbito médico e xurídico.
Os interesados poden inscribirse no teléfono 647667546 ou no correo electrónico asociacionpacientefinisterrae@gmail.com