O concello de Mazaricos inviste 36.000 euros nun proxecto de mellora do mirador do Enxilde,desde onde o Padre Sarmiento describiu a comarca. O goberno que preside Juan Blanco pretende «afondar na paisaxe como un dos valores estratéxicos de Mazaricos».E esta zona ofrece unhas panorámicas excelentes.
«É outro chanzo na nosa aposta por un turismo respectuoso e sostible. O lugar presenta un alto potencial como espazo natural e por iso puxemos en valor esta parcela cunha área de estancia habilitada con bancos e merendeiros e mirador no lugar do Enxilde» informou o alcalde, que engadiu que este lugar «é importante non só pola cuestión paisaxística senón tamén histórica, polo que haberá paneis informativos».