A prazo da Olvido de Cee acollerá este vindeiro sábado, a partir das 20h,varios actos con motivo do «Día da Galiza Mártir»organizados polo BNG. Despois da intervención do concelleiro de Cee, Serxio Domínguez Louro, presentarase o libro «»Non des a esquecemento» do deputado do BNG Luís Bará.
Tamén haberá un acto no que se lembrará ao exalcalde de Cee, Casto Caamaño. Intervirá o historiador Luís Lamela e un descendente do rexedor republicano, Braulio Amaro Caamaño.A xornada terá como colofón un recital poético-musical a cargo de Xaime Trillo e Suso Bahamonde, e unha ofreda floral.