15.1 C
Santa Comba
viernes, junio 7, 2024

Colisión frontal en Brandomil

En Zas( á altura da ponte de Brandomil), unha persoa tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Xallas ao quedar atrapada no interior dun dos dous turismos que se viron implicados nunha colisión frontal. O accidente tivo lugar na AC-441, concretamente no punto quilométrico 4,900.

O 112 Galicia tivo constancia do sinistro a través dunha persoa particular ás 17:30 horas e, de inmediato, dende o CIAE 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Xallas, de Protección Civil, da Garda Civil de Tráfico e do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que finalmente non chegou a intervir.

Unha vez liberada, a vítima foi trasladada a un centro médico nunha ambulancia.

Fonte- AXEGA 112- A.G.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos