O sitio web de IKEA non ofrece ningún tipo de servizo en galego, pero si en castelán, catalán ou en vasco. Isto provocou a posta en marcha da «Operación Albóndega«.
Hai un espazo web habilitado para reivindicar a IKEA que tanto «o seu sitio web como a rotulación do seu establecemento situado na Coruña estean en galego o antes posíbel».
Preténdese remitir á empresa moreas de cartas personalizadas.A iniciativa está operativa aquí e tamén nas redes sociais.»Inundaremos as súas oficinas cunha morea de correos solicitando que se incluía a nosa lingua na web» aseguran os seus promotores.