8.3 C
Santa Comba
martes, diciembre 5, 2023

Localizan en bo estado de saúde á muller que desaparecera en Tordoia

AXEGA112-

O helicóptero da Garda Civil localizou esta mañá á muller cuxo paradoiro se descoñecía desde o pasado xoves despois de desaparecer no termo municipal coruñés de Tordoia. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a señora foi atopada en bo estado de saúde, aínda que recibiu asistencia médica nunha ambulancia.O achado produciuse no lugar de Casais, arredor das 10:45. Nese momento, os axentes da Garda Civil daban conta ao 112 Galicia do sucedido.

Deste xeito quedou pechado o operativo de busca, que se iniciou na madrugada do venres e que estivo composto pola Unidade de Drons da Axega, a Policía Local de Tordoia, a Garda Civil e as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ordes, do Val do Dubra, de Carballo e de Padrón con catro cans de rescate.

O 112 Galicia tivo constancia da desaparición da muller a noite do xoves, a través da Policía Local de Tordoia. Os axentes indicaban no seu relato que unha muller, de 79 anos de idade, saíra da súa casa pola tarde e non regresara.

Tras esta comunicación, dende o CIAE 112 Galicia mandouse aviso á Garda Civil, que activou o operativo de busca ao que se foron sumando os servizos de emerxencias.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos