8.1 C
Santa Comba
martes, marzo 11, 2025

O alcalde de Zas convoca aos afectados pola redución no servizo de pediatría

O alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, convocou unha xuntanza cos pais e nais que están afectados polos recortes no servizo de pediatría nos centros de saúde Baio e Zas.

Fontes municipais indican que nesta xuntanza o alcalde informará da situación actual «e abordaranse as medidas que se tomarán co fin de que os nenos e as nenas do noso concello reciban a atención médica que precisan e merecen».

O encontro terá lugar no centro sociocultural de Zas, este vindeiro venres ás 20:30 horas.Fai uns días, Manuel Muíño sumábase á indignación existente nos veciños e denunciaba unha redución importante de horas no servizo por parte da Xunta de Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos