13.3 C
Santa Comba
martes, octubre 8, 2024

Evacuado en estado grave un ciclista atropelado en Santiago

Fonte-Axega 112

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a un ciclista que resultou ferido grave despois de ser alcanzado por un turismo no lugar da Barciela, en Santiago.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 9:30 horas de hoxe mediante a chamada dun veciño que solicitou asistencia médica urxente para un ciclista atropelado. Como consecuencia do impacto, o ferido caeu nunha arqueta e sufriu lesións de carácter grave. Así, foi evacuado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao complexo hospitalario de referencia.

Desde o 112 Galicia tamén se informou aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos bombeiros da cidade, aínda que a persoa estaba accesible.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos