O goberno local do concello de Neda dou luz verde a tres novas actuacións nas vías de comunicación da rede municipal que se inclúen no plan adicional do POS da Deputación da Coruña,e que contan cun investimento de 133.000 euros, dos cales 40.000 serán aportados con fondos municipais.
As melloras consisten no aglomerado en Cobeluda, Ladeiro e na estrada entre Cruz do Pouso e Gandarela. En total, máis de tres quilómetros cun novo pavimentado, sinalización horizontal e limpeza de cunetas.
Desde o goberno tripartito de Neda que preside o socialista Ángel Alvariño aseguran que a mellora viaria é unha das prioridades do goberno formado por PSOE, BNG e Converxencia Galega.