Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde a un home que resultou ferido de consideración despois de ser atropelado en Muros.Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente ocorreu na Avenida de Castelao ás 17:30 horas cando unha caravana engachada a un vehículo atropelou ao home, que previamente tropezou na beirarrúa e caeu á vía entre o coche e a caravana.
Un equipo médico do 061-Urxencias Médicas acudiu ao lugar para atender ao ferido, que foi evacuado ao Punto de Atención Continuada da localidade, onde estaba preparado o helicóptero con base en Santiago para a evacuación do home se fose necesario.
Ademais, os xestores do 112 avisaron aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES de Muros, que colaboraron co equipo médico na atención do ferido.
Informa- Axega 112